CRTVG

Buscar

Puigdemont convoca unha mobilización en Perpiñán

Publicado o 28/12/2019 21:25

Os eurodeputados Carles Puigdemont e Toni Comín van participar nun acto político que terá lugar no sur de Francia. Non vaixarán a España, tal e como lles aconsellan os seus avogados pero si se aproximarán á fronteira con Cataluña.
O chamado Consell per la República, presidido polo ex-presidente catalán, vai organizar unha mobilización en Perpiñán proximamente para, segundo o comunicado difundido este sábado,"celebrar as vitorias xudiciais e políticas que o independentismo catalán logrou nos últimos tempos". A entidade independentista desbota porén a idea dunha concentración en Estrasburgo, o 13 de xaneiro, data na que Puigdemont e Comín se estrearán como parlamentarios.

 

Noticias web

28/12/2019