CRTVG

Buscar

Puigdemont, Comín e Ponsatí, excluídos da lista para as europeas

Publicado o 29/04/2019 20:29

A Xunta Electoral acaba de excluír a Puigdemont, Comín e Ponsatí da lista para as eleccións europeas.

Os maxistrados consideran que non son elixibles ao ser declarados en rebeldía no xuízo do procés, e polo tanto non poden figurar no censo electoral.

Por outra banda, o presidente, o vicepresidente e dous vogais emitiron un voto particular considerando que debeu aceptarse a trámite o recurso inicial. O recurso fora presentado por Ciudadanos e o Partido Popular.

Desde Junts per Cataluña xa avanzaron que despregarán as accións xurídicas necesarias para defender os dereitos dos tres candidatos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019