CRTVG

Buscar

Puigdemont, Comín e Ponsatí, na carreira electoral europea

Publicado o 09/05/2019 18:36

• O Tribunal Constitucional non admitiu a trámite os recursos de Ciudadanos e PP contra as súas candidaturas

O ex-presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, fuxido da xustiza na causa do procés, poderá ser candidato nas eleccións europeas do próximo 26 de maio. O Tribunal Constitucional rexeitou os recursos presentados por Ciudadanos e PP por considerar que esa candidatura non vulnera ningún dereito fundamental tutelable en amparo.

Así, os tres candidatos fuxidos, Puigemont, Clara Ponsatí e Toni Comín, poderán concorrer definitivamente como candidatos na lista Lliures per Cantalunya-Junts. O Constitucional ratifica a setenza do xulgado de Madrid, que de acordo co criterio marcado polo Tribunal Supremo, considera legal que se presenten ás eleccións, en conta da decisión da Xunta electoral central, partidaria de excluílos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019