CRTVG

Buscar

A Revista

Puigdemont pide comparecer o martes pola tarde no Parlamento catalán. Empresas insignia de Cataluña estudan o seu traslado

Publicado o 06/10/2017 13:07

A última nova que nos chega dende Cataluña é que o presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, pediu comparecer o próximo martes, día 10, pola tarde. O motivo: "Explicar a situación política actual".
Entre tanto, moitas empresas catalás analizan a situación.

Esta tarde, Caixabank pode seguir o exemplo do Banco Sabadell e trasladar a súa sede social fóra de Cataluña; neste caso a Palma.

Será posible facelo con rapidez grazas ao decreto expreso que esta mañá aprobou o Consello de Ministros, que posibilita que tan só o consello de administración dunha empresa poida tomar esa decisión.

Outras firmas como Freixenet, Calatana Occidente, Gas Natural ou Abertis, entre outras, poden seguir o mesmo camiño que o Sabadell.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

06/10/2017