CRTVG

Buscar

Publícanse no DOG as axudas á redución de xornada para fomentar a conciliación

Publicado o 22/05/2019 19:01
Publícanse no DOG as axudas á redución de xornada para fomentar a conciliación

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as axudas que a Xunta de Galicia destinará a homes e mulleres traballadoras e familias monoparentais que decidan acollerse á redución de xornada para coidar dos seus fillos e fillas.

As axudas previstas nesta convocatoria, un 34% máis ca en 2018, son para homes e mulleres que se acollan á medida para o coidado dos fillos menores de tres anos.

As contías determinaranse en función da porcentaxe da redución e o número de fillos. As mesmas oscilarán entre os 1.700 euros de mínima e os 3.700 de máxima. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019