CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Publican o primeiro libro sobre o asasinato da nena Asunta en inglés

Publicado o 14/07/2018 21:14





O tradutor e historiador Mark Guscin acaba de publicar o primeiro libro en inglés sobre o asasinato da pequena Asunta Basterra Porto en Santiago de Compostela. Mark, que leva 31 anos na Coruña, utilizou os metódos de análise da Historia para escribir sobre un crime. Co permiso de Institucións Penitenciarias entrevistouse dúas veces con Rosario Porto no cárcere da Lama

"The murder of Asunta Yong Fang" acaba de publicarse. O seu autor, Mark Guskin, filólogo, historiador, escritor e tradutor sabía que o interese polo crime da pequena Asunta traspasaba as fronteiras de Compostela.

"O asasinato de Asunta" é o libro dun historiador que usa os métodos de estudo, análise e conclusións propias da disciplina da historia.

En decembro de 2017 e en xaneiro de 2018 Mark falou con Rosario Porto, a nai de Asunta, a través do cristal da área de comunicacións do penal da Lama.

Mark Guscin traballa xa noutros proxectos como o da influencia de Tolkien na música rock.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí