CRTVG

Buscar

Publican na Rede datos de Merkel nun ciberataque masivo en Alemaña

Publicado o 04/01/2019 21:08

Un grupo de piratas informáticos difundiu datos persoais de varios políticos alemáns, como os da propia chanceler Merkel e do presidente Steinmeier. Publicaron información de todos os partidos, agás da formación de extrema dereita Alternativa por Alemaña. Desde o Goberno xermano aseguran que o ataque non afectou documentación sobre a seguridade do país. A difusión xira arredor de documentos internos dos partidos, datos bancarios ou persoais e informacións sensibles do círculo familiar dos afectados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019