CRTVG

Buscar

Publicadas as cualificacións das probas de acceso á universidade de xullo

Publicado o 18/07/2019 20:40

O 60 por cento dos alumnos que se presentaron ás probas de acceso á universidade de xullo, as da segunda oportunidade, aprobaron. Presentáronse 2.099 estudantes e superaron as probas 1.237.

Esta é a primeira vez que os exames se celebran no mes de xullo e non en setembro, o que lles permitirá aos aprobados iniciar o curso na universidade ao mesmo tempo ca o resto dos seus compañeiros.

Desde mañá e ata o día 23 poderán pedir a revisión dos seus exames se non están de acordo coa cualificación e o 31 coñecerán a definitiva. Despois xa poderán pedir praza no distrito universitario galego.

Consulta a túa cualificación: http://ciug.gal/

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019