CRTVG

Buscar

PSOE e Unidas Podemos continúan afastados, pero seguirán negociando

Publicado o 06/09/2019 20:18

Tras o primeiro intercambio de papeis, o PSOE prefire ver medio cheo o vaso das negociacións de investidura. Din que a oferta do xoves acepta matices e aínda que persiste o non á coalición, defenden o atractivo da terceira vía ofrecida aos de Pablo Iglesias. Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións, cre que "lle está ofrecendo unha participación activa e potente en institucións que non son necesariamente goberno, pero que si representan o Estado"

Pero a outra parte declárase preocupada: sospeitan que a dos socialistas só é unha estratexia de mercadotecnia previa a uns novos comicios. Ione Belarra, voceira adxunta de Unidas Podemos no Congreso, di que "eu o que constatei onte é que non hai vontade de negociar. O Partido Socialista volveu varios meses atrás e é o que non conseguimos entender, a non ser que Pedro Sánchez decidise xa levar o noso país a eleccións"

O Partido Popular cre que os socialistas buscan humillar a Podemos ou sacar unha manchea de escanos máis a costa do presuposto. Pablo Casado, presidente do PP,  cre que "Pedro Sánchez xa decidiu ir a eleccións e inténtao ocultar con ese tipo de actos propagandísticos e con reunións como a de onte con Podemos e creo que é unha irresponsabilidade"

Os equipos negociadores volveran sentar nos próximos días. A Moncloa confirmou que tamén haberá un encontro entre Sánchez e Iglesias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019