CRTVG

Buscar

PSOE e Unidas Podemos conclúen sen avances un primeiro encontro de cinco horas

Publicado o 06/09/2019 08:40

Conclúe sen avances a reunión de onte entre os equipos negociadores do PSOE e Unidas Podemos. Despois de case cinco horas de reunión, en que intercambiaron documentos e constararon diferenzas, as dúas delegacións emprazáronse para seguir falando durante as dúas próximas semanas para tentar un acordo.

Tras mes e medio de distancia e silencio, o partido que aspira a presidir o goberno e o seu denominado socio prioritario sentan a falar. A Vicepresidenta en funcións encabeza o equipo de negociadoras do PSOE, coa ministra de Facenda e a Vicepresidenta do partido, Adriana Lastra á fronte das conversas. Á delegación de Unidas Podemos, dirixida por Pablo Echenique e Ione Belarra, súmanse representantes das confluencias, de Equo e Esquerda Unida. Case cinco horas de encontro remataron sen avances.

"Ímonos sinceramemte preocupadas porque viñeron presentarnos un programa electoral, amosáronse profundamente inamobibles coas posicións que tiñan, viñeron presentar unha terceira vía que en realidade é a primeira e a única vía que mantivo o PSOE que é a de partido único", dixo Ione Belarra.

No PSOE din que esta proposta, a diferenza da primeira, trata de responder ao interese de Unidas-Podemos por exercer un labor de supervisión da acción de goberno: "Explicamos, xa que Unidas Podemos dicía que había un problema de confianza, esa tripla garantía de que falaba o presidente do Goberno, creando unha oficina de cumprimento dependente do Ministerio de Facenda. Tamén que nós une unha axenda fiscal, unha axenda social e moita xente que está esperando que haxa un goberno progresista en España e por iso é importante que esa verficación do acordo se produza por parte da sociedade civil", declarou Adriana Lastra.

Horas antes, o líder de Podemos amosaba a súa discrepancia coa opción de optar a postos en altas institución do Estado.

"Eu creo que sería absurdo que dixésemos que como temos títulos en ciencia política que nos den o CIS. Non, no CIS ten que haber profesionais da demoscopia", afirmou Pablo Iglesias.

Despois de constatar diferenzas e intercambiar propostas, os dous partidos emprazáronse a seguir falando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019