PSOE e PP volverán evidenciar no Congreso a falta de acordo sobre o Poder Xudicial
Publicado o 21/09/2021 14:52

Horas despois de que o comisario de Xustiza da Unión Europea instara a renovar a cúpula xudicial, PSOE e PP volverán amosar a súa falta de acordo. Será esta tarde no Congreso, onde se debate a iniciativa do PP para reformar o Poder Xudicial, co obxectivo de reforzar a súa independencia e garantir a imparcialidade.
A principal medida da proposta popular é cambiar o método de elección dos vogais, para que a maior parte sexan elixidos directamente polos xuíces. Previsiblemente o texto non iniciará a súa tramitación, porque contará coa oposición do PSOE e Unidas Podemos.