PSOE e PP emprázanse a renovar tamén o Consello Xeral do Poder Xudicial
PSOE e PP celebran o acordo alcanzado nas últimas horas para renovar o Constitucional, o Defensor do Pobo, o Tribunal de Contas e a Axencia de Protección de Datos. Din que é un punto de inflexión e un paso para a despolitización destes órganos. Pero queda pendente o órgano de goberno dos xuíces. O PP insiste na súa condición.
Pablo Casado, presidente do Partido Popular: "Que reforcemos a independencia xudicial para elixir os vocais, tal e como se comprometeu Pedro Sánchez e tal e como milleiros de xuíces pediron na Unión Europea".
Podemos di que no pode haber escusas para esta renovación. Pablo Echenique, voceiro de Unidas Podemos no Congreso: "É unha anomalía democrática inaceptable, unha violación da Constitución".
E dende o PSOE confían nun acordo inminente. Félix Bolaños, ministro da Presidencia: "Imos intentar avanzar en conversas discretas, imos explorar todos os camiños para cumprir coa Constitución e coa lei".
O bloqueo do Consello Xeral do Poder Xudicial ten consecuencias tanxibles. Un informe do Supremo conclúe que implicará unhas mil sentenzas menos ao ano pola imposibilidade de cubrir as vacantes.