CRTVG

Buscar

PSOE e PP celebran o acordo para renovar 4 institucións

Publicado o 22/10/2021 18:50

Socialistas e populares celebran o acordo para renovar o Tribunal Constitucional, o Tribunal de Contas, o Defensor do Pobo e a Axencia de Protección de Datos. O líder popular, Pablo Casado, cre que os nomes consensuados avanzan na despolitización destes organismos. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, cre que o pacto demostra a "sinrazón" do bloqueo do órgano de goberno dos xuíces. O negociador socialista, Félix Bolaños, aspira a que tamén aí acabe habendo acordo: "imos seguir falando sobre o Consello Xeral do Poder Xudicial de xeito discreto. Imos tentar avanzar en conversas discretas e imos explorar todos os camiños para cumprir a Constitución e cumprir a lei".

Noticias web

22/10/2021