PSOE e PP acordan que Ángel Gabilondo sexa o novo Defensor do Pobo

O PSOE e o PP pecharon o acordo para a renovación institucional, que colocará a Ángel Gabilondo como Defensor do Pobo, segundo informa a Axencia EFE.
Gabilondo vai substituír a Francisco Fernández Marugán, exdeputado socialista de 75 anos que exerce este cargo en funcións desde xullo de 2017, tras deixar o posto a exdeputada popular Soledad Becerril ao cumprir o seu mandato de cinco anos.
Ángel Gabilondo (San Sebastián, 1949) é filósofo, foi ministro de Educación no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero (2011-2019) e desde 2015 liderou o PSOE na Asemblea de Madrid, ata que dimitiu e renunciou a recoller a súa acta despois das eleccións autonómicas do pasado 4 de maio, cando obtivo fronte a Isabel Díaz Ayuso os peores resultados do seu partido en Madrid.