CRTVG

Buscar

PSOE e Podemos retoman as negociacións

Publicado o 09/09/2019 20:02

Segundo asalto das negociacións de investidura: os equipos do PSOE e Podemos volven verse este martes pola mañá, como confirmaba desde a súa conta de Twitter Pablo Echenique. Os socialistas esperan resposta á súa oferta do xoves: apoio á investidura de Sánchez a cambio dun pacto programático e de altos cargos fóra do Consello de Ministros. Pero o que esperan os de Iglesias é outra oferta: a da coalición en que o PSOE si cría antes das vacacións.

Noelia Vera, voceira de Unidas Podemos, di que "se teñen a ben sentar a falar connosco e retomar as conversas no mesmo punto en que as deixamos en xullo, é cuestión de horas que cheguemos a un acordo"

A proposta non é seria, din os socialistas, doídos polo desgaste, din, que supuxo para o seu líder o fracaso na primeira investidura.

José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE, di que "chama a atención que aquela oferta que era humillante agora poida ser determinante, porque nalgún momento houbo falta de rigor".

E ante o escenario da investidura gratuíta, os socialistas aclaran: non aceptarán os votos de Podemos sen un acordo de estabilidade para a lexislatura. A oposición tamén os insta a que pacten xa.

Lorena Roldán, voceira de Ciudadadanos, di que "creo que o señor Sánchez dunha vez por todas, ten que ser responsable, deixar de bloquear as institucións". Para Pablo Casado, presidente do PP, "creo que é importante acabar con esta incerteza, que deixen de xogar a aprendices de bruxo".

Quedan 14 días para, se ninguén o remedia, volver a eleccións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019