CRTVG

Buscar

Os socialistas dan por rotas as negociacións con Podemos

Publicado o 24/07/2019 22:10

• A última oferta foi unha vicepresidencia para Montero e tres ministerios

En menos de 18 horas saberemos se Pedro Sánchez logra a investidura como presidente do Goberno. A chave está en mans de Unidas Podemos. As negociacións continúan, pero con poucos avances.

Carmen Calvo e Pablo Echenique levantaronse da mesa de negocacións a mediodía e durante a tarde só houbo contactos telefónicos entre as dúas partes. O propio Pedro Sánchez falou con Pablo Iglesias para dicirlle que os socialistas non van cambiar a súa última oferta. Segundo Unidas Podemos, esa proposta non inclúe as competencias en Facenda, Emprego, Transición Ecolóxica ou Igualdade, tal e como demandaba a formación morada. Así as cousas, o acordo parece alonxarse: o prazo, lembramos, remata este xoves arredor das dúas e media da tarde, cando os deputados volverán ser chamados a votar a candidatura de Sánchez.

O PSOE plántase nas negociacións con Unidas Podemos. A oferta que Carmen Calvo lle trasladou este mércores a Pablo Echenique é, din os socialistas a definitiva.

Durante toda a tarde, seguiron os contactos telefónicos, incluída unha conversa entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias. Segundo fontes de Unidas Podemos, o líder socialista díxolle a Iglesias que non lle vai ceder as competencias en Facenda, Transición Ecolóxica Igualdade nin Traballo, tal e como reclamaba a formación morada. Sánchez, din as mesmas fontes, dixo que era a súa última palabra. Horas antes, Unidas Podemos xa se mostrara pesimista ante os poucos avances contidos na última proposta socialista.

Pedro Sánchez aprazou para mañá a xuntanza da executiva que se debía celebrar este mércores. Reuniranse horas antes de que o líder socialista volva ao Congreso para saber se á segunda vai a vencida.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/07/2019