CRTVG

Buscar

PSOE e Podemos métenlle presión ao PP cunha iniciativa para limitar o CXPX co mandato caducado

Publicado o 02/12/2020 21:06
PSOE e Podemos métenlle presión ao PP cunha iniciativa para limitar o CXPX co mandato caducado

O PSOE e Unidas Podemos queren limitar as funcións do Consello Xeral do Poder Xudicial unha vez caduque o seu mandato, tal e como acontece actualmente.

Os socios de Goberno rexistraron unha proposición de lei que, entre outras cousas, impediría que o órgano de goberno dos xuíces puidese facer nomeamentos durante a súa interinidade.

Fontes do Goberno admiten que con esta iniciativa pretenden presionar ao Partido Popular para que sente a negociar a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, que acumula xa dous anos de atraso.

Noticias web

02/12/2020