CRTVG

Buscar

PSOE e Podemos convocan unha manifestación contra as novas restricións en Madrid

Publicado o 21/09/2020 18:59

Tras as protestas desta fin de semana, o PSOE, Podemos e Más Madrid chaman os madrileños a manifestárense o vindeiro domingo contra as últimas medidas adoptadas polo goberno de Isabel Díaz Ayuso. Cren que as restricións teñen un “claro tinte segregador” e reclaman un plan rigoroso e baseado en criterios científicos. O documento asinano tamén UXT e Comisións Obreiras.

Noticias web

21/09/2020