CRTVG

Buscar

PSOE e Podemos chegaron a un preacordo para a investidura de Lambán

Publicado o 27/07/2019 21:06

En Aragón, todo apunta que o socialista Javier Lambán seguirá como presidente do goberno autonómico.
PSOE e Podemos chegaron a un preacordo para a investidura de Lambán. O vindeiro martes e mércores será o debate de investidura. O PSOE tiña garantidos os apoios do Partido Aragonés, Chunta e Esquerda Unida. Precisaba tamén o dos cinco deputados de Podemos para gañar a primeira votación e, tralo acordo de hoxe, Lambán ten o camiño despexado.
 

Noticias web

27/07/2019