CRTVG

Buscar

PSOE e Marea Atlántica alcanzan un acordo programático para o inicio do mandato na Coruña

Publicado o 03/07/2019 20:12
PSOE e Marea Atlántica alcanzan un acordo programático para o inicio do mandato na Coruña

O Partido Socialista e Marea Atlántica alcanzaron un principio de acordo programático para o inicio do mandato na Coruña similar ao asinado pola alcaldesa herculina, Inés Rei, co portavoz do BNG no municipio, Francisco Jorquera.   O pacto, que debe ser agora ratificado polas bases da Marea na reunión que manterán este xoves, foi comunicado a través dun escrito conxunto dos socialistas e Marea Atlántica difundido na tarde deste xoves.  "O pasado 26 de maio, a cidadanía da Coruña votou claramente en favor dun goberno progresista no seu concello. A Marea Atlántica e o PSdeG-PSOE acordamos sumar esforzos para construír unha maioría suficiente de carácter progresista con obxecto de sacar adiante as políticas transformadoras que demandan as veciñas e veciños da nosa cidade", reza o comunicado conxunto.  

O pacto apela ao desenvolvemento dunha "axenda social transformadora" desde a acción do goberno municipal --no que non entrará Marea Atlántica--. Así, comprométense a impulsar a área metropolitana da Coruña, a gratuidade do ensino para os nenos de 0 a 3 anos, as bonificacións para determinados colectivos sociais no transporte público ou a "recuperación" do bordo litoral.   O acordo tamén establece unha serie de compromisos para a continuación de actuacións en infraestruturas da cidade, como a demolición do viaduto da Ronda de Nelle, o proxecto do centro deportivo de Castrillón ou a reforma dos mercados de Dormideras, Santa Lucía e Monte Alto.   Así mesmo, socialistas e a Marea pactan sacar adiante de maneira definitiva a ordenanza de igualdade antes de que finalice o ano e pór en marcha un programa de vivenda de aluguer co horizonte de que entre en funcionamento en 2020.  

No documento, as formacións emprázanse ao mes de setembro para iniciar a negociación dos prespuestos municipais do próximo ano e trazan unha serie de cuestións que deben figurar nas contas do concello, como os orzamentos participativos impulsados coa chegada de Marea Atlántica en 2015 ao goberno, entre outros asuntos.   Por último, o acordo entre PSOE e Marea tamén inclúe as dedicacións para estes últimos, que contará con dous de seis horas e tres de catro. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019