CRTVG

Buscar

PSOE e Marea Atántica negocian a gobernabilidade no concello da Coruña

Publicado o 11/06/2019 16:24

Primeira xuntanza do PSOE e a Marea Atlántica para negociar posibles acordos de gobernabilidade no Concello da Coruña. A Marea xa confirmou que apoiará a investidura da socialista Inés Rey, pero queda por ver se finalmente entrará no goberno. Chegaron dispostos a escoitar, pero din que para eles é irrenunciable a continuidade en políticas sociais e proxectos en marcha. O PSOE asegura que se pode falar de todo.

José Manuel Lage Tuñas, PSOE: "Nós imos escoitar. Cremos que hai que abrir un novo tempo de diálogo en que a man tendida con todas as forzas políticas e con todas as forzas económicas e sociais da cidade sexa un eixe da actuación".

Alberto Lema, Marea Atlántica: "Entendemos que hai avances que teñen que permanecer de contido político. Cuestións que teñen que ver coa área metropolitana ou co investimento social e cuestións tamén de procedemento e do xeito de actuar".






 

Noticias web

11/06/2019