CRTVG

Buscar

PSOE e Ferrol en Común negocian un acordo de goberno en Ferrol

Publicado o 12/06/2019 14:59

En Ferrol, o PSOE mantén abertas as portas a un acordo de goberno co BNG e con Ferrol en Común. Coa formación de Jorge Suárez abriu xa negociacións. Sexa cal sexa o resultado, o alcalde en funcións confirma a súa intención de continuar na corporación.   

"Gustaríame que esa confianza fose correspondida por eles tamén, compartindo tarefas de goberno. Agora estamos falando das propostas programáticas que cada un de nós presentamos á cidadanía", explica o socialista Ángel Mato.

 "Hai moitos asuntos que matizar, aspectos programáticos, o que é mellor para a cidade. Eu teño unha responsabilidade coa miña organización, coa nosa xente. As decisións que tomamos son colectivas e se esa decisión pasa porque Jorge Suárez estea na corporación pois aí estará", confirma Jorge Suárez.
 

Noticias web

12/06/2019