CRTVG

Buscar

PSOE e ERC sintonizan no diagnóstico do conflito catalán

Publicado o 04/02/2020 14:47

Sintonía plena entre o PSOE e Esquerra. A reunión do xoves entre Sánchez e Torra será o primeiro paso dun camiño longo e complicado do que as dúas forzas xa definen coas mesmas palabras.

Pero hoxe falou tamén desde Bruxelas, onde leva fuxido da xustiza máis de dous anos, Carles Puigdemont; o principal valedor de Torra, a quen este segue a se referir como presidente no exilio, volve defender a senda oposta ao diálogo: a vía unilateral.

O PP denunciará mañá a Torra por usurpación de funcións por estar inhabilitado e seguir á fronte da Generalitat. E vólvelle pedir a Sánchez que anule a xuntanza do xoves.

Os populares advírtenlle ao presidente do Goberno que se se reúne con Torra o denunciarán por prevaricación.

Noticias web

04/02/2020