CRTVG

Buscar

PSOE e BNG asinan un acordo programático para gobernar o concello de Lugo

Publicado o 13/06/2019 20:16

O que xa está claro é o futuro do Concello de Lugo. Despois de cinco reunións, esta tarde PSOE e BNG asinaron un acordo programático para gobernar en coalición a cidade. Repartiron xa as áreas de goberno e Lara Méndez repetirá como alcaldesa.

Esta é a imaxe do pacto no Concello de Lugo. Despois de cinco xornadas de negociación PSOE e BNG chegaron a un acordo programático para conformar un goberno bipartito en que a socialista Lara Méndez repetirá como alcaldesa e o nacionalista Rubén Arroxo será o tenente de alcalde.

A Xunta de goberno estará formada por cinco membros do PSOE e tres do BNG e os nacionalistas pediron a liberdade de voto arredor do Plan xeral de ordenación munipal. Ambos grupos acordaron ademais unha repartición orzamentaria en proporcionalidade de voto co 60% para os socialistas e o 40% para o BNG.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019