CRTVG

Buscar

'Psiconautas', do galego Alberto Vázquez, premio Platino á mellor película de animación

Publicado o 23/07/2017 11:15

A película do coruñés tamén recibiu o mesmo recoñecemento nos Premios Goya

'Psiconautas', do galego Alberto Vázquez, premio Platino á mellor película de animación

O filme 'Psiconautas, los niños olvidados' do galego Alberto Vázquez e Pedro Rivero galou este sábado o Premio Platino á mellor película de animación.

A película do coruñés tamén recibiu o mesmo recoñecemento nos Premios Goya.

A gran vencedora da noite nos Platino foi 'El ciudadano ilustre', de Gastón Duprat e Mariano Cohn, cos premios a mellor filme, mellor interpretación masculina e mellor guión.

'Un monstruo viene a verme', de Juan Antonio Bayona, levou catro dos sete premios técnicos. E Almodóvar foi o mellor director por 'Julieta'.

"Agardo que non fagan caso cando escoiten que abrir as fosas onde están os desaparecidos é abrir as feridas. É pechalas e rematar dunha vez para sempre coa nosa maldita guerra civil", dixo o director.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2017