CRTVG

Buscar

PSdeG e PPdeG polemizan pola posición do BNG contra os orzamentos do Estado

Publicado o 14/12/2020 15:39

Controversia entre os grupos parlamentarios galegos á conta do rexeitamento do BNG ao proxecto de Orzamentos do Estado.

Desde o PSdeG, Gonzalo Caballero asegura que son uns orzamentos "positivos para os galegos e as galegas, e que "o BNG cometeu un erro histórico poñéndose do lado que non debía, facéndolle o caldo gordo ás tres dereitas".

Unhas afirmacións ás que, desde o PPdeG, Pedro Puy respondeu: "Desde unha posición galega, pedirlle aun grupo que os ten que votar porque son moi de esquerdas paréceme pueril".

 

Noticias web

14/12/2020