CRTVG

Buscar

PSdeG e PP abren expediente aos seus edís tras impulsar unha moción de censura en Catoira

Publicado o 03/03/2020 19:43

Moción de censura no concello de Catoira. Os voceiros municipais do PSOE e do PP rexistraron hoxe a moción contra o actual alcalde, o nacionalista Xan Castaño, que accedera á alcaldía cos votos dos populares. Os dirixentes locais dos dous partidos confirmaron que cando saia adiante a moción formarán un goberno de coalición e que se alternarán na alcaldía.

As direccións provinciais dos dous partidos desautorizaron a moción. O PP de Pontevedra xa anunciou que lles abrirá expediente aos seus edís en Catoira.

Noticias web

03/03/2020