CRTVG

Buscar

PSA Vigo rexistra a maior produción de vehículos da súa historia

Publicado o 02/10/2020 16:59

PSA Vigo volve bater marcas. A factoría viguesa rexistrou a maior produción de vehículos da súa historia

No mes de setembro fabricaron 59.900 coches e furgonetas, 5.600 máis que o seu teito de produción, que tiña lugar en 2007.

A dirección da planta cre que estes datos se deben ao esforzo de traballadores e provedores.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde​, destacou a capacidade de resposta da empresa ante a situación derivada da Covid-19.   

Noticias web

02/10/2020