PSA Vigo reclama a rede de alta de tensión para garantir a súa competitividade
Publicado o 19/02/2021 17:19
Os estudos demostran que a rede de alta tensión é clave para mellorar a produción de PSA. É dicir, reduciría as incidencias que habitualmente provocan as caídas na subministración.
Para evitar esas perdas, a factoría viguesa do Grupo Stellantis reclama a liña de alta tensión, irrenunciable para poder competir en igualdade de condicións mantendo os seus niveis de produción e a carga de traballo.
Das dezanove cidades de entre 200.000 e 300.000 habitantes que hai en España, só catro, entre elas Vigo, non teñen acceso á alta tensión. Reverter esta situación depende do Ministerio de Transición Enerxética ao que a Xunta e a planta automobilística viguesa trasladaron as súas alegacións.