CRTVG

Buscar

PSA Vigo prepárase para fabricar axiña a nova furgoneta eléctrica

Publicado o 15/12/2020 14:11

Na factoría viguesa de PSA aproveitan a parada para as festas do Nadal, entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro, para adaptar as liñas de montaxe á nova produción desa furgoneta eléctrica que se lanzará o próximo verán.

Trátase dun vehículo que puxo en funcionamento as catro quendas de traballo nas dúas liñas de montaxe.

Dende a empresa destacan que o proxecto de Factoría 4.0 permitiu crear 4.500 postos de traballo na automoción galega nos últimos 4 anos.

Da fábrica viguesa saen cada día 2.300 vehículos, pero temen que agora o novo imposto de matriculación afecte ás súas vendas.

Noticias web

15/12/2020