A factoría de PSA en Vigo recupera a produción que tiña antes da pandemia
Publicado o 23/06/2020 09:02
PSA-Vigo recupera a normalidade e traballa xa dando unha produción similar á que tiña antes da chegada da pandemia.
Agora mesmo, o traballo volve realizarse como hai catro meses, co condicionante das medidas de seguridade adicionais para evitar os contaxios, e a produción sitúase por enriba das 1.200 unidades diarias.
Esas cifras poderían variar nos próximos meses en función da evolución do mercado.