CRTVG

Buscar

PSA recupera o seu plan de produción con catro quendas de traballo en outubro

Publicado o 28/08/2020 17:28
PSA recupera o seu plan de produción con catro quendas de traballo en outubro

A partir do vindeiro mes de outubro, a fatoría de PSA Peugeot-Citroën en Vigo funcionará ao tope da súa capacidade. Coa incorporación da cuarta quenda de traballo prevista para o 10 de outubro, a multinacional recupera o seu plan de produción interrompido pola pandemia.

Coas súas dúas cadeas de montaxe ao completo, a fábrica superará os 7.500 empregados e a produción de 2.300 vehículos diarios de luns a venres e outras 2.400 unidades nas fins de semana.

 

Noticias web

28/08/2020