CRTVG

Buscar

PSA Vigo recupera a produción e anticipa a incorporación dos traballadores

Publicado o 22/05/2020 16:03

A planta de PSA en Vigo reiniciaba a produción co anuncio dunha volta paulatina. Unha semana despois a empresa pisa o acelerador e anticipa a incorporación dos traballadores. Este cambio nos ritmos é debido á demanda dos vehículos lixeiros comerciais que se fabrican en Balaídos. Desde o sector son optimistas e pensan na recuperación.

A imaxe da terminal portuaria de Bouzas baleira durante o parón da factoría o pasado dezasete de marzo dá conta do bo ritmo na produción cun importante volume de vehículos. Neste momento, a factoría traballa cunha quenda por liña e fabrica setencentos vehículos diarios.

O próximo luns súmanse os equipos de noite e fano dúas semanas antes do que estaba previsto. En xuño, dos sete mil catrocentos traballadores do cadro estarán activos preto de seis mil.

 

Noticias web

22/05/2020