CRTVG

Buscar

PSA creará unha nova quenda de produción

Publicado o 14/09/2017 15:08

A planta viguesa de PSA Citroën prevé contar cunha nova quenda de traballo de fin de semana en 2018.Será para facer posible o lanzamento da novas furgonetas. E esta necesidade debe traducirse nesta cifra.

Na contratación duns 600 traballadores, segundos calculos sindicais. Serán os encargados de fabricar a gama completa dos Berlingo, Partner e Combo.Iso si, estes plans só se cumprirán se se fan realidade as expectativas de vendas do novo modelo de furgoneta K-9 que sae ao mercado a mediados de ano.

A produción da nova furgoneta K9 de PSA Peugeot Citroën podería implicar a creación dunha cuarta quenda de traballo na fábrica viguesa se se cumpren as expectativas de vendas. 
Os sindicatos sinalan que cada posto creado nesta planta pode supor outros tres nas industrias auxiliares. Pero tamén advirten de que a carga de traballo que están a soportar os operarios neste momento é demasiado elevada. 
Esta mesma semana na planta viguesa de PSA fabricouse a primeira furgoneta baixo a marca Opel, dende que se fixera efectiva a compra da empresa no mes de marzo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2017