CRTVG

Buscar

O Grupo PSA Citröen vai contratar nos próximos meses 1.200 empregados

Publicado o 04/09/2019 18:02

PSA Vigo confirma a maior contratación de persoal da década, con 1.200 traballadores máis entre este ano e o seguinte.

detrás destas contratacións están as grandes expectativas de vendas da empresa ao redor do proxecto V20, que contempla a fabricación do novo Peugeot 2008, cuxas primeiras unidades está previsto que saian ao mercado a finais deste ano.

A planta viguesa xa está a fabricar as preseries deste modelo, e en outubro iniciarase a produción en serie. O obxectivo da empresa é chegar ás 640 unidades diarias.

O reforzo do cadro de persoal de PSA Vigo, permitirá que a empresa chegue a uns 7.000 traballadores. A factoría de Balaídos inicia un período de expansión grazas ao proxecto V20 e ao novo Peugeot 2.008 do que xa se están a fabricar as preseries. Entre este ano e o seguinte poderían incorporarse ao cadro de persoal 1.200 traballadores máis, 600 deles de xeito inmediato. O comité de empresa contempla o futuro con optimismo.

Co incremento de persoal a factoría viguesa podería recuperar a quenda de noite nas dúas liñas de produción. Deste xeito PSA Vigo volvería a unha situación que non se roducía dende 2008, traballando sete días á semana case as 24 horas.

O obxectivo de PSA Vigo é chegar ás 640 unidades diarias do novo Peugeout 2008. Está previsto que saia ao mercado a finais de ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019