CRTVG

Buscar

A factoría viguesa de PSA-Citroën-Peugeot recupera a terceira quenda esta semana

Publicado o 31/05/2020 15:19

Non hai movemento de persoal nin fóra nin dentro da planta de Balaídos. A quenda de fin de semana e de días festivos, a chamada cuarta quenda, segue parada. Segundo a empresa, podería entrar a traballar en xuño, pero sempre en función da demanda de coches no mercado.

A que si recupera a factoría o luns é a terceira quenda, a da tarde. Suporá que estea en activo o 70% do cadro de persoal, uns 4.800 traballadores dos case 7.000 de antes do coronavirus. Os sindicatos aseguran que coma sempre a patronal de PSA non dialogou con eles para volver á quenda de tarde e que segue primando a economía sobre a saúde.

A empresa asegura que o protocolo sanitario contra a covid-19, con medidas como a graduación nas quendas para que os traballadores non se crucen entre unha e outra vaise manter por tempo indefinido.

Noticias web

31/05/2020