CRTVG

Buscar

Prudencia no COB ante a sentencia do Tribunal Supremo

Publicado o 03/03/2020 14:11

A lea competencial entre o Consello Superior de Deportes e a Liga ACB, que agora resolve o Tribunal Supremo, valida a capacidade do CSD para tomar decisións sobre a afiliación de clubs nas ligas profesionais. O COB quedou fóra no 2015 ao considerar a ACB que os ourensáns non superaban a auditorÍa de contas necesaria para ingresar na Liga, algo que o Consello Superior de Deportes negou.

Asesorados polo especialista en dereito deportivo e ex xogador de baloncesto Miguel Juane, no COB estudan o percorrido desta sentenza. Manifestan a súa firme decisión de estar na Liga ACB, pero queren ser cautelosos porque no seu día o equipo ourensán non aceptou o convite da asociación para xogar na seguinte campaña á do conflito.

Esta renuncia do COB pode volverse agora definitivamente na súa contra, malia a sentenza do Supremo. A día de hoxe a indemnización polos danos causados no 2015 está máis preto que a posibilidade real de competir na ACB.

Noticias web

03/03/2020