Prudencia e responsabilidade nas festas, recomendación para frear a terceira onda
Publicado o 22/12/2020 15:12
Os expertos son claros e pídennos que non nos xuntemos este Nada. O médico e membro do comité clínico, Sergio Vázquez Estévez apela ao "sentidiño".
Dóenos deixar sós os nosos, pero pesa máis a responsabilidade. Temos claro que o máis importante é quedar cada un na súa casa.
A idea é separarnos agora para poder xuntarnos máis adiante.
"O mellor agasallo que podemos facer aos nosos familiares é que poidamos encontrarnos todos dentro duns meses, sen que falte ningúen", sinala Tato Vázquez Lima, médico e membro do comité clínico de expertos que asesora a Xunta.