CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Proxecto Cárcere organiza unha xornada de xestión cidadá

Publicado o 21/06/2014 14:56
Hai preto de catro anos xurdiu na Coruña Proxecto Cárcere, unha plataforma que quere recuperar a antiga prisión provincial para darlle un uso sociocultural.
Á sombra do vello presidio, celebrouse unha xornada de xestión cidadá, un exercicio de ficción no que os participantes imaxinaron como funcionaría o edificio se estivese xestionado co sistema mancomunal dos montes.
O colectivo reivindicou o valor patrimonial e histórico do edificio e pediu que as administracións permitan que os cidadáns o transformen nun espazo de convivencia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí