CRTVG

Buscar

Proxectan un novo complexo turístico termal na zona de Río Caldo

Publicado o 06/03/2019 14:44

Aquí, na contorna do río Caldo, atopamos a auga mineromedicinal que emerxe a maior temperatura de toda a Península Ibérica, uns 73 graos centígrados. Unha auga hipertermal beneficiosa tanto para os problema de ósos como de pel.

Agora, un proxecto, impulsado pola Fundación San Rosendo, a Deputación de Ourense e o Concello de Lobios pretende acondicionar a contorna do balneario para ofrecer as mesmas técnicas ao aire libre, gozando do parque natural do Xurés.

O uso deste novo complexo termal será de pago. Contan que estea en funcionamento en 2021.

Noticias web

06/03/2019