CRTVG

Buscar

Provoca un choque frontal en Madrid ao fuxir da Policía

Publicado o 30/11/2020 09:05

Os dous condutores quedaron feridos tras o choque frontal de dous coches. Foi contra as catro da tarde do domingo no enlace da M31 coa M40 en Madrid. Un dos condutores, de 67, ía a contramán fuxindo da Policía Municipal cando se espetou contra o outro vehículo, que conducía un mozo de 25 anos. Os dous foron trasladados con fracturas a distintos hospitais madrileños.


 

Noticias web

30/11/2020