CRTVG

Buscar

As hamburguesas son só as de carne? Unha campaña anima a buscarlle outro nome ás outras

Publicado o 28/05/2021 20:34

Así comeza a campaña de Provacuno para reivindicar o uso da palabra hamburguesa. Din que a lexislación española recolle que as hamburguesas son só aquelas que levan carne e promoven buscarlle nome ás demais.

"Que intentamos, pois buscarlle un nome para as mezclas de produtos vexetais con forma circular. Axudarlles xa que non foron capaces de buscar un nome propio e inténtanse apropiar dun nome que non lles corresponde", explica Javier López, director de Provacuno.

No mercado actual hai hamburguesas de variedade de carnes, pero tamén outros produtos que foron xurdindo a raíz de novas demandas. Non só atopamos produtos vexetais ou veganos senón tamén compostos de peixe.

"As que máis saen son as de tenreira, 60/70%. O outro 30% moi repartido. Hoxe en día a vegana e a veggie gañan moito terreo", sinala Francisco José Madarro, que é xefe de sala nunha hamburguesería.

Poden ser ao punto ou pasadas, normais ou xigantes, clásicas ou con acompañamentos variados, pero entre os comensais a maioría ten claro que a clave dunha hamburguesa está na carne.

"Si, para min si, e se pode ser ben pasada". "A clave sería unha hamburguesa de boi, con bacon, queixo e salsa barbacoa". "falsa hamburquesa, non sei, podería ser. Unha hamburguesa é carne con pan e eu priorizo a carne".

A campaña de Provacuno xa recolle na súa web propostas de nomes.

Noticias web

28/05/2021