CRTVG

Buscar

A ABAU en Galicia: máis sedes, controis de acceso e obriga de usar máscara

Publicado o 05/06/2020 16:40

Imaxes coma estas non se repetirán este ano durante as probas de acceso á universidade. A comisión interuniversitaria acaba de publicar unha serie de indicacións para que as probas se desenvolvan con total seguridade; unha delas é que o acceso aos centros será escalonado para evitar as aglomeracións tanto no interior coma no exterior.

Celso Rodríguez, vicepresidente da CIUG, asegura que contarán coa colaboración dos mestres dos colexios e tamén de proteccións civil para evitar que os alumnos  se concentren en grupos.

Outra das normas de obrigado cumprimento será o uso de máscaras.Tamén se recomenda levar xeles hidroalcolicos de uso individual.

Celso Rodríguez, vicepresidente da CIUG, apunta que en moitas aulas será moi complicado manter a distancia de seguridade de dous metros de aí que sexa necesario o uso de máscaras.

Este ano tamén se incrementaron o número de aulas que acollerán estas probas, serán máis de cincocentas, case o dobre das habituais.

Noticias web

05/06/2020