Protocolos de seguridade estritos no 17º Ribeira Sacra Festival
Arrancou onte o 17º Ribeira Sacra, un dos poucos festivais que este ano mantivo a súa convocatoria.
Celebra así a súa cuarta edición marcada polas esixencias dun protocolo estrito co que garantir a seguridade do público, dos artistas e dos organizadores.
Poucos festivais hai que abrangan tanco coma o 17º Ribeira Sacra, onde a música é o fío condutor dunha fin de semana que se consagra como un dos mellores escaparates desta zona.
De feito, boa parte das persoas que esta mañá participaban na ruta dos muúiños do Xábrega, en Sober, son público que se achegou a esta zona movidso polo festival
Espazos senlleiros coma o embarcadoiro dos Chancís, onde remata a camiñada e dende o que se move a xente en bus ata o pazo de Sober, para aisitr ao concerto de Momboi. Entre o público os ponferradinos Pablo e Inma, que repiten.
Esta rapaza catalana acudiu ao festival coa súa familia para gozar dunha edición extraordinaria do festival.
O éxito da convocatoria é tal que en canto se anunciou que se mantiña o festival, xa estaban todos os bonos vendidos.