CRTVG

Buscar

Os protocolos da Liga indican que os adestramentos irán de individuais a grupos de oito persoas

Publicado o 03/04/2020 14:35

• Tamén haberá controis médicos diarios

Rematará polo momento todo isto tan banal como unha conversa de grupo. Un correr todos. Ou iso de bater as mans. Escoiten... pois esa ledicia cambiarase por silencio.

Cando o Goberno permita a volta ao traballo, isto vai ir aos poucos. O protocolo da Liga fala duns 15 días onde os adestramentos se iniciarán con sesións individuais, logo serán grupos dun máximo de oito persoas e finalmente o equipo.

Todos teñen que facer a proba do coronavirus, haberá controis médicos diarios e o material e as instalacións desinfectaranse.

A idea é volver a finais de maio, e ata ese momento a FIFA e a UEFA solucionarán como van xogar no verán os futbolistas con contratos ata o 30 de xuño.

Xogarase en campos baleiros, pero o panorama mundial tampouco invita ao optimismo. Cada un vai ao seu. Vexan en Alemaña. O Schalke: trotes con distancias de seguridade e algún toque coa pelota.

O Bayern de Múnic renuncia a adestrase porque di que teñen ser un exemplo para os cidadáns.

Os campos están silenciosos... mais isto, ao final, non vai tanto de deporte como dos milleiros de millóns que move este negocio.

Noticias web

03/04/2020