CRTVG

Buscar

Protexen igual todos os hidroxeles?

Publicado o 31/07/2020 21:55

Á hora de mercar un hidroxel hai que diferenciar entre os xeles hixienizantes e desinfectantes, xa que non todos protexen fronte á Covid-19. Desde o Consello Xeral de Enfermería dan as pautas para identificar cales son os axeitados.

María Enriquez, enfermeira do Consello Xeral de Enfermaría: "Para que un xel sexa desinfectante ten que ter unha porcentaxe de alcol aproximadamente dentre un 70 e un 90%.Tendo en conta que o Sars-Cov2 é un virus temos que comprar un xel con efecto viricida e preferiblemente que cumpra a normativa UNE14476".

Hai que lembrar que unha das principais armas contra o virus é a hixiene de mans. O ideal, sinalan os sanitarios, é lavarse con auga e xabón, pero cando non sexa posible hai que recorrer ao xel utilizándoo de maneira axeitada.

María Enríquez, enfermeira do Consello Xeral de Enfermaría: "A hixiene de mans hai que facela cando non dispoñamos de auga e xabón e sempre que toquemos superficies que poidan estar contaminadas, ben dentro do domicilio ou fóra e poñer especial precaución cando esteamos en reunións sobre todo con persoas que non sexan conviventes".

Sinalan que unha boa desinfección co hidroxel é importante que se faga durante 20 ou 30 segundos e lembran que non empeza a facer efecto ata que a superficie da man está completamente seca.

Noticias web

31/07/2020