CRTVG

Buscar

Protestas nocturnas en Barcelona e carga policial na vía Laietana

Publicado o 15/10/2019 08:41

Unha gran manifestación nocturna nas rúas de Barcelona, con varias columnas que ao final da noite confluían na praza de San Jaume, sucedeu ás protestas espontáneas diúrnas, máis pequenas, en rúas, prazas e especialmente nas encrucilladas.

Os manifestantes prenderon candeas e corearon peticións de liberdade, xustiza e reparación, e consignas a favor da independencia de Cataluña. Din que foi só a primeira mostra dunha ristra de protestas cívicas coas que continuarán pedindo liberdade para os políticos e os líderes sociais condenados onte polo Supremo.

As manifestacións obrigaron a cortar o tráfico de xeito intermitente na Gran Vía a Meridiana e outras rúas do centro da cidade. Na concentración convocada polos CDR diante da Xefatura de Policía houbo apupos aos axentes de seguridade, que empregaron varios furgóns para blindar o acceso ao edificio e chegaron a cargar contra os manifestantes que tentaban derrubar os valados e tiraban latas e outros obxectos cara ao cordón policial.

Ao final da noite, as diversas marchas confluían na praza de San Jaume, na concentración convocada por Omnium e a Asemblea Nacional Catalá e á que asistiron varios líderes políticos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019