CRTVG

Buscar

Protestas en Italia pola obrigatoriedade do certificado COVID

Publicado o 30/07/2021 08:32

En Italia seguen as protestas polo pasaporte COVID. Chegaron mesmo ao interior do Parlamento. A extrema dereita está en contra do documento que se vai esixir para entrar na hostalería, en cines ou en ximnasios dende o vindeiro día 6. Interrompeu o pleno con carteis para protestar. Mentres, as manifestacións tamén seguen nas rúas. Outras 12 cidades sumáronse ás protestas. Entre os manifestantes, moitos hostaleiros que se verán afectados polas restricións.

Noticias web

30/07/2021