CRTVG

Buscar

Protestas no barrio vigués de Teis por un almacén de colectores legal

Publicado o 13/09/2017 21:00

Un grupo de veciños do barrio vigués de Teis impide, desde hai varios días, o paso de camións a un almacén de colectores que non ten licenza municipal. Aseguran que o ruído é insoportable e que, amáis, a actividade ameaza as súas vivendas. Estas obras para nivelar un predio esgotaron a paciencia dos veciños de Guixar, no barrio vigués de Teis. Temen que a fráxil estrutura dos muros que pechan a parcela non resista a acción das máquinas e se derrube sobre as súas casas. 
Hai uns anos permitiron que a parcela fose un garaxe de camións pero o aumento do tráfico de vehículos pesados e o uso do terreo como almacén de colectores provoca agora, din, malos cheiros, pó e, sobre todo, exceso de ruído. Teñen constancia de que a instalación carece de licenza, así que decidiron facer quendas para cortar a entrada e a saída dos camións.
Segundo os cálculos dos afectados, na finca almacénanse uns 400 colectores e a cotío transitan ao redor de 300 camións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017