CRTVG

Buscar

Protestas no barrio de Santa Mariña, en Ferrol, polo mal estado dunha vía

Publicado o 26/06/2019 12:46

Hai máis de 15 anos que os veciños do barrio de Santa Mariña, en Ferrol, se queixaron polo mal estado dunha pequena pista que empregan a diario para ir ao centro da cidade. Dende entón seguen protestando e aseguran que tanto o Concello como o ADIF deixan pasar o tempo sen solucionar este dano.

A vía afectada é a que une Santa Mariña co centro de Ferrol, polo que o mal estado desta prexudica a diario os veciños, que aseguran que hai derrubamentos frecuentes debido ao desgaste que sofre a zona. Ademais, din estar convencidos de que non se tomarán medidas ata que pase unha desgraza.

Os veciños chegaron a ir á Delegación do Goberno na Coruña buscando solucións, onde lles explicaron que o ADIF e o Concello de Ferrol non chegan a un acordo.

O mal estado da pista vai a peor, polo que os veciños de Santa Mariña seguirán loitando ata que lles solucionen o problema.

Noticias web

26/06/2019